«Ao sol» (sesión IV): `Como se pode atallar o cambio climático dende as finanzas?´ | Convidado: Luis Otero
Reunímonos un venres máis nesta cuarta edición de "Ao sol" na horta, para conversar de xeito informal sobre un tema mentres bebemos uns refrixerios en compañía do noso invitado Luis Otero.
Nesta charla, falaranos do impacto que teñen as corporacións no cambio climático e de como isto se pode aproveitar para atallar o problema desde as finanzas. Os datos indican que as enerxías renovables non terminan de ser ben recibidas no mundo das finanzas. Os inversores prefiren xogar ao seguro e apostar por enerxías máis tradicionais. Ademais, as empresas pequenas son incapaces de asumir iniciativas de responsabilidade social, e as medianas e grandes a miúdo as consideran perdas de beneficio e competitividade. Entón, como se pode atallar o cambio climático dende as finanzas?
On-site event
/events/ao-sol-sesion-iv-como-se-pode-atallar-o-cambio-climatico-dende-as-finanzas-convidado-luis-otero
events_en