Ao Sol (sesión VII): 'Historia do portugués desde o Big Bang, e tamén do galego' | Convidado: Marco Neves
Chega unha nova edición de Ao Sol! Desta volta contaremos coa presenza de Marcos Neves, profesor e investigador na Universidade Nova de Lisboa. Neves especialízase en tradución e historia da lingua portuguesa. Ten unha ampla traxectoria divulgativa en radio, televisión, prensa dixital e podcasts sobre curiosidades e historia do portugués. Nesta sesión, poderemos charlar con el sobre a historia do portugués e a súa relación co galego. Neves é un grande entusiasta dos lazos lingüísticos entre galegos e portugueses, polo que nos falará das vantaxes que ten isto para nós.
O último libro do professor Marco Neves ten unh visión orixinal da humanidade, plasmada nunha idea: a do círculo da traducibilidade. O fillo de calquera ser humano pode aprender calquera língua humana (e non aprende ningunha linguaxe animal, por mais que o intente). Todo o que un ser humano di ou escribe pode ser traducido a tódalas linguas da humanidade, por calquera persoa, independentemente da raza ou do sexo. Non obstante, a humanidade nunca poderia falar unha soa lingua: estamos condeados a traducir. Tamén por iso a idea de 'intraducibilidade' é profundamente contraria á idea de humanidade.
On-site event
/events/ao-sol-sesion-vii-historia-do-portugues-desde-o-big-bang-e-tamen-do-galego-convidado-marco-neves
events_en