«Ao Sol» (sesión VIII): 'De la divulgación también se vive: el ejemplo de Big Van Ciencia' | Convidado: Oriol Marimón
O xoves 2 de xuño, ás 13:15, esperámosvos novamente na horta do CiTIUS para compartir outro dos nosos encontros 'Ao sol'.
É posible facer da divulgación científica unha actividade profesional a tempo completo? Este xoves reflexionaremos sobre esta e outras cuestións relacionadas coa comunicación social da ciencia desde a perspectiva de Oriol Marimón, un dos fundadores da iniciativa de éxito 'Big Van', na que investigación e comunicación científica danse a man ata converterse nun medio de vida.
Oriol Marimon é químico, doutor en química orgánica pola Universidad de Barcelona e parte do grupo de divulgación científica Big Van Ciencia. A través desta organización sen ánimo de lucro realiza divulgación a tódolos niveis, en tódolos formatos ... e mesmo gaña a vida con ela.
Con el falaremos dos diversos proxectos divulgativos de Big Van Ciencia, e darémoslle unha volta á idea de que achegando a ciencia á población xeral tamén é posible facer carreira profesional.
On-site event
/events/ao-sol-sesion-viii-de-la-divulgacion-tambien-se-vive-el-ejemplo-de-big-van-ciencia-or-convidado-oriol-marimon
events_en