«Ao sol» (sesión X): 'As claves do éxito do AI-Lalelo, a canción galega subcampioa na Eurovisión das IAs' | Con Joel Cava

Nesta décima edición teremos como convidado a Joel Cava. Joel é un xornalista e deseñador gráfico galaico-catalán comprometido coa lingua e cultura do país. Actualmente traballa como creativo en CECUBO Group, onde foi o coordinador da candidatura galega ao AI Song Contest 2022, a Eurovisión das cancións escritas por intelixencia artificial. A súa composición, o "AI-Lalelo", acadou un merecido segundo posto no certame, co apoio total do televoto.

Na sesión deste venres, Joel falaranos da súa experiencia como creativo, e en particular das claves do recente éxito do "AI-Lalelo".

Ver videoclip

JoelCavaVideoclip.png