«Ao sol» (sesión XIII): ‘A telemática na creación literaria: do tratamento de textos á IA’ | Convidado: Xavier Alcalá

Vivencias e visións dun enxeñeiro de Telecomunicación que escribía novelas e crónicas en horas roubadas ao sono desde que a Informática illada lle facilitou a redacción de historias desde que apareceron os "editores de textos" ata o momento actual en que a Telemática lle permite colocar as súas obras nas plataformas .globais e a Intelixencia Artificial o incita a usala para xerar textos baseados no seu estilo con orixe en historias tiradas da realidade e os soños.

Bio

Autor de artigos e crónicas xornalísticas, narracións curtas, novelas, libros de viaxe e traducións, Xavier Alcalá colabora con diversos xornais galegos. Na súa obra trata especialmente o tema da emigración e desenvolve con rigor a intriga e as aventuras. Escribiu tamén letras de cancións para Andrés do Barro. A súa obra conta con distintos premios tanto por artigos como por narracións curtas e novelas.