Conferencia: «AVICENA: Integración de dispensación médica intelixente con sistemas multipropósito de asistencia a persoas maiores»
As Tecnoloxías Asistenciais (AT) desenvolven ferramentas de apoio ás persoas maiores nas súas Actividades da Vida Diaria (ADL). As Tecnoloxías Asistenciais definen, entre outros, os servizos e dispositivos cuxo uso permite que as persoas maiores ou con problemas aumenten as súas capacidades para levar a cabo aquelas accións que lles permiten seguir sendo autónomos.
Hoxe en día, a meirande parte dos maiores teñen que seguir programacións complexas para tomar a súa medicación, xa que a maioría deles teñen varias prescrición diarias, a miúdo independentes entre si. Debido á diferenza nos intervalos prescritos destes medicamentos, é difícil para eles lembrar cando teñen que tomar a súa medicación. Ao mesmo tempo, os médicos e familiares a cargo do seu benestar atopan dificultades na supervisión do cumprimento do ancián cos seus horarios farmacolóxicos. Como resultado disto, os pacientes poden non tomar os medicamentos correctamente, feito que os médicos descoñecen ata que a saúde do individuo se deteriora. A consecuencia inevitable destas situacións é unha diminución da autonomía, independencia e saúde do paciente,
O uso de AVICENA preséntase como unha forma de mitigar ou, no mellor dos casos, eliminar, as causas de abandono dos tratamentos farmacolóxicos
Ulises Cortés é Catedrático no Departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC). No ano 1995 creou o grupo de investigación Engineering and Machine Learning Group (KEMLg) que dirixiría ata 2006. É membro da Xunta Directiva da Rede Temática Española para o Avance e a Transferencia da Intelicencia Computacional Aplicada (ÁTICA), e Adxunto ao Vicerrectorado de Investigación da UPC para o 8º Programa Marco da Unión Europea (UE).
On-site event
/events/conferencia-avicena-integracion-de-dispensacion-medica-intelixente-con-sistemas-multiproposito-de-asistencia-a-persoas-maiores
events_en