Conferencia: «O emprendemento en serie, o tránsito do analóxico ao dixital»
«Nin nos meus mais fantasiosos soños, puidera imaxinar cofundar na miña quinta empresa algo relacionado coa Intelixencia Artificial avanzada. Alguén tan fan de "Blade Runner" coma min, nunca creeu que despois de crear empresas no entorno analóxico, poidese desenvolver unha tecnoloxía disruptiva que supuxese a admiración da propia Universidade de Stanford, núcleo, motor, xénese de Silicon Valley»
Sobre a compañía
MedWhat é unha startup sobre saúde establecida en Silicon Valley, cuxa misión é o soporte e axuda á xente en relación a unha vida saudable e unha mellor información sobre saúde e medicina. Con este fin, empregan a tecnoloxía PLN (Procesado de Linguaxe Natural), Big Data biomédico e análise semántico avanzado para proporcionar ao cliente un asistente persoal sobre saúde, proporcionando unha nova aproximación ás buscas mediante unha linguaxe natural e ofrecendo respostas e información rápidas, automáticas e precisas aos problemas e preguntas de interese para os usuarios.
Sobre o poñente
Fernando Macho é Licenciado en Ciencias da Información pola UPV, Titulado en Comercio Internacional pola Escola de Comercio de Touluse (FR) e Herfordshire (GB). Asimesmo, especializouse en Asuntos Comunitarios cun posgrado en Torino (Italia) e Bruxelas (Bélxica). Na actualidade atópase no seu quinto proxecto a nivel empresarial desde o ano 1991, todos eles activos, dos cales tres foron como fundador único e creador e os dous últimos como co-founder, entre elas MedWhat.
On-site event
/events/conferencia-o-emprendemento-en-serie-o-transito-do-analoxico-ao-dixital
events_en