Conferencia: «Robots e máis Robots»

Nas últimas tres décadas, os robots pasaron de ser máquinas destinadas ás liñas de produción industrial a converterse no sono de moitos, como asistentes ou substitutos en tódalas actividades humanas. Seguindo esta tendencia, nos últimos 20 anos unha gran cantidade de investigadores e centros embarcáronse na creación de robots intelixentes; non obstante, ó longo do proceso á maioría esqueceu o robot como axente físico, e como parte de dita intelixencia.

Este relatorio procura volver ás bases, abordando a robótica actual como actividade de deseño e construción de sistemas robóticos que deben operar en ámbitos dinámicos e non estructurados. Céntrase no desenvolvemento de sistemas robóticos singulares para a investigación e para a industria, a través da experiencia no ámbito da robótica do Grupo Integrado de Enxeñaría da UDC nos últimos vinte anos. Así, trataranse e o deseño, a construción e a aplicación dunha serie de robots mariños, terrestres e aéreos desenvolvidos no marco dos proxectos do grupo, amosando as características dos distintos modelos e xeracións de robots, a lóxica que levou ao seu deseño e os aspectos máis relevantes da súa construción e operación.