Conmemoración do 'Día Internacional das Nenas nas TIC'
Accede a este evento virtual a través das ligazóns asociadas a cada actividade
O CiTIUS celebrará os vindeiros xoves 22 e venres 23 de abril unha serie de actividades de divulgación para conmemorar o 'Día Internacional das Nenas e Mulleres nas TIC'. As actividades ofertadas inclúen obradoiros para distintas idades e relatorios adaptados aos diferentes niveis educativos, e teñen un dobre obxectivo: por unha banda, amosar a investigación que están a desenvolver as investigadoras do centro e, por outra, espertar o interese de nenas e mozas nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), un eido da ciencia que, aínda hoxe en día, conta cunha porcentaxe moi baixa de mulleres.
As distintas actividades ofertadas, nas que participarán as investigadoras do centro Eva Cernadas,Andrea Cascallar e Paula López, terán lugar en formato virtual e requirirán de inscrición previa a través do**formulario de inscrición.**
Programa
Xoves 22
- 10:00 - 11:00: 'A informática da vida'**(Eva Cernadas García, Profesora Titular de Universidade e investigadora vinculada ao CiTIUS)
Entre xogos e enigmas falaremos da importancia das mulleres no nacemento da informática e das súas conexións coa vida das persoas. Explicaremos a relación do pensamento computacional con nosas actividades cotiás e de lecer.
- 11:00 - 12:00:A física dos píxeles'(Paula López Martínez, Profesora Titular de Universidade e Directora Adxunta do CiTIUS).
Nesta charla falaremos de como captamos imaxes, e de que podemos facer con elas .
- 12:00 - 13:00: 'Data-To-Text: unha palabra vale máis ca un millón de datos'(Andrea Cascallar Fuentes, Investigadora predoutoral no CiTIUS)
O obxectivo desta charla é contar a traxectoria e a experiencia dentro do mundo das TIC de Andrea Cascallar, actualemente investigadora predoutoral no CiTIUS. Outro obxectivo será tamén contar en que consiste o seu traballo actual como investigadora dentro do doutoramento.
Venres 23
- 10:00 - 11:00: 'Nacemos como enxeñeir@s para converternos en científic@s' (Eva Cernadas García)
Taller para conectar o pensamento computacional e enxeñeril coa vida cotiá e de lecer das persoas usando a expresión corporal, como por exemplo a danza informática ou o robot cociñeiro. (Eva Cernadas García, Profesora Titular de Universidade e investigadora vinculada ao CiTIUS)
- 12:00 - 13:00: 'Por que "nacín" enxeñeira?' (Eva Cernadas García)
Coa axuda de enigmas e xogos, a investigadora Eva Cernadas viaxa pola vida dalgunhas inventoras da historia, e da súa propia, para debullar polo miúdo as motivacións que levan as mulleres a dedicarse profesionalmente a enxeñaría.
Toda a información sobre estes encontros está dipoñible no Programa Completo da Xornada
Virtual event
/events/conmemoracion-do-dia-internacional-das-nenas-nas-tic
events_en