Defensa da tese: «Técnicas eficientes para a detección de cambios multitemporal de imaxes hiperespectrais en GPU»

As imaxes hiperespectrais conteñen centos de valores de reflectancia para cada pixel. A detección de rexións de cambio en múltiples imaxes hiperespectrais da misma escena tomadas en diferentes momentos é de grande interese para un gran número de aplicacións. Para a teledetección, en particular, unha aplicación moi común é a análise de cobertura terrestre. A alta dimensionalidade das imaxes hiperespectrais fai que o desenvolvemento de esquemas de procesamento computacionalmente eficientes sexa crítico.

Esta tese enfocase no desenvolvemento de técnicas de detección de cambios a nivel de obxecto, basadas en clasificación supervisada multidata directa, para conxuntos de datos hiperespectrais. As técnicas propostas melloran a precisión dos algoritmos de vangarda e a súa proxección en unidades de procesamento de gráficos (GPUs) permite a súa execución en escenarios en tempo real.