Defensa de Tese: «Desenvolvemento de ferramentas de simulación para o estudio de transistores nanométricos empregando arquitecturas avanzadas»
Abstract
A tecnoloxía electrónica ten un profundo impacto na sociedade e os transistores son os elementos principais dos que dependen todas as solucións actuais. Neste contexto, deséñanse nesta tese ferramentas para a simulación e análise destes transistores centrándose nos fenómenos de variabilidade, que son imperfeccións presentes no proceso de fabricación e que degradan o comportamento do dispositivo final.
Ademais, realizáronse estudios de dispositivos actuais e propostos polo ITRS (International Roadmap for Semiconductors) para favorecer a miniaturización, optimización e fabricación destes dispositivos, mellorando así as solucións tecnolóxicas dispoñibles para a sociedade.
On-site event
/events/defensa-de-tese-desenvolvemento-de-ferramentas-de-simulacion-para-o-estudio-de-transistores-nanometricos-empregando-arquitecturas-avanzadas
events_en