Defensa de Tese: « Desenvolvemento dun sistema de imaxe para a planificación de operacións de aorta»

O aumento da esperanza de vida ten como consecuencia unha meirande incidencia de trastornos do sistema vascular, que pode presentar graves enfermidades como os aneurismas de aorta. O obxectivo desta tese reside no deseño, desenvolvemento e avaliación clínica dun sistema automático para obter a segmentación da aorta e a súa posterior caracterización.