Defensa de Tese: «Modelo dinámico da circuitería push-pull do dNGL»

A organización centro-periferia dos campos receptivos dás células ganglionares de retina identifican a presenza de contrastes locais nos estímulos visuais. Como os campos receptivos das células de substitución talámicas presentan unha organización funcional semellante, asúmese habitualmente que contribúen moi pouco no procesamento da saída retiniana.

Con todo, en moitas especies, coñécese que as células de substitución talámicas superan significativamente en número ás células de entrada retinianas, cuxos axóns diverxen e contactan simultaneamente en varias unidades a nivel talámico. Esta ganancia tanto en poboación celular como en converxencia retino-talámica abre a porta a preguntar como a información sobre o contraste transfórmase na etapa talámica.

A tese aborda esta cuestión elaborando un modelo dinámico realista do circuíto retino-talámico que mostra como resultado a existencia de compoñentes diferentes do campo receptivo talámico que poderían implementar mecanismos análogos a técnicas ben coñecidas de procesamento de imaxe. Estes mecanismos terían como obxectivo preservar a calidade da imaxe cunha resolución maior que a procesada na retina.