Defensa de Tese: «O recoñecemento de patróns máis aló da clasificación: un marco abdutivo para a interpretación de series temporais»
A interpretación de series temporais busca proporcionar unha explicación do observado en termos dos procesos subxacentes. O presente traballo baséase na asunción de que as aproximacións tradicionais para a interpretación de series temporais baseadas en clasificadores sofren unha serie de debilidades inherentes, cuxa causa última reside na natureza monótona do paradigma derazoamento dedutivo.
Esta tese propón unha nova aproximación a este problema, baseada na hipótese inicial de que o razoamento abdutivo é o que mellor dá conta da habilidade humana para identificar e caracterizar os patróns que aparecen nunha serie temporal. O resultado desta interpretación é un conxunto de conxecturas en forma de observacións, e organizadas nunha xerarquía de abstracción que explica o que se observou inicialmente.
Como resultado, proporciónase un framework baseado en coñecemento e un conxunto de algoritmos que implementan un ciclo de hipótese-test guiado por un mecanismo inspirado na atención humana. Como dominio de aplicación representativo, a interpretación do electrocardiograma permite destacar as fortalezas desta aproximación en comparación coas aproximacións tradicionais baseadas en clasificadores.
On-site event
/events/defensa-de-tese-o-reconecemento-de-patrons-mais-alo-da-clasificacion-un-marco-abdutivo-para-a-interpretacion-de-series-temporais
events_en