Defensa de Tese: «Preferencias declaradas e reveladas no eido do Turismo Gastronómico en Santiago de Compostela»
O propósito desta tese de doutoramento consiste en analizar por qué certos restaurantes e tapas son preferidos a outros polos turistas de Santiago de Compostela, cales son as preferencias iniciais de ditos turistas, cales son os factores que inflúen nas preferencias e na elección dos turistas, e cales son as diferencias na estructura de preferencias entre turistas de diferentes grupos ou clases. Como as tapas son un producto auténtico da cultura española, e tamén unha atracción do turismo gastronómico de España, a investigación céntrase principalmente no estudio das preferencias tanto sobre tapas como sobre os restaurantes que as ofertan.
Os obxectivos específicos desta tese son:
- Contribuir cun modelo das tres entidades principais que caracterizan ó ámbito gastronómico, identificando tanto os seus atributos como as relacións entre elas.
- Descubrir as preferencias turísticas sobre os restaurantes que ofrecen as tapas.
- Identificar as preferencias turísticas sobre as tapas.
- Analizar os atributos ou variables externas que inflúen sobre as preferencias, a elección e a satisfacción do turista.
On-site event
/events/defensa-de-tese-preferencias-declaradas-e-reveladas-no-eido-do-turismo-gastronomico-en-santiago-de-compostela
events_en