EmprendeLab: «Do programa Marco á industria: creación e evolución dunha spin-off en Granada»

Javier Díaz, profesor titular no Departamento de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores da Universidade de Granada, compartirá este venres no CiTIUS a súa experiencia como socio fundador da spin-off Seven Solutions, unha exposición encadrada no ciclo de conferencias sobre emprendemento do programa EmprendeLab. Seven Solutions é unha empresa tecnolóxica adicada ó desenvolvemento de sistemas electrónicos, con aplicacións infutriais, aeroespaciacis, ou relacionadas con grandes infraestruturas científicas, cunha proxección claramente internacional.

Partindo de resultados de investigación de proxectos europeos, Díaz analizará cómo estes poden traducirsena creación dunha empresa, que necesariamente irá evolucionando para adaptarse ás necesidades do mercado, UNha das principais áreas de discusión centrarase nas capacidades precisas para trasladar o coñecemento académico-científico ó eido dos negocios, convertíndoo así nun produto concreto (aspectos comerciais, financiación, coñecementos técnicos do mercado, implicacións e rol dos emprendedores... etc.).

O relatorio intentará dar resposta a todos estes interrogantes, tomando como modelo a experiencia persoal do conferenciante. O obxectivo principal é servir de estímulo ós novos emprendedores, tratando de fomentar que quenes teñan unha idea empresarial se decidan a abordar a a aventura de crear unha spin-off.

Javier Díaz é Doutor en Electrónica pola Universidade de Granada. No 2006 fundou a empresa Seven Solutions, que desenvolve sistemas empotrados para a industria. Na actualidade, traballa no marco de proxectos baseados mo modelo Open Hardware, poñendo a disposición da comunidade moitos dos seus deseños.