Emprendelab: «Emprender es Posible: El portal de referencia para los emprendedores. Generando modelos de negocio desde el método CANVAS»

O obxectivo do relatorio é dobre: a primeira parte dedicarase a presentar www.emprenderesposible.org, facendo especial fincapé na MISIÓN do proxecto (servir de axuda a todo emprendedor social, cultural, educativo, medioambiental, tecnolóxico, deportivo, artístico... así como aos profesionais e axentes que fomentan o espírito emprendedor) e o ENFOQUE (que ofrece unha visión global e unificada do ciclo do emprendedor; aglutina e colabora con iniciativas existentes; é unha plataforma  colaborativa, aberta, sinxela, flexible e útil para todo emprendedor).Posteriormente, analizaranse con detalle os distintos apartados da plataforma: o ciclo emprendedor, utilidades e parte colaborativa. A segunda parte centrarase en aplicar a metodoloxía CANVAS para construir novos modelos de negocio.

Sobre os relatores

David Pascual Portela é Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidad de Oviedo, e Máster de Xestión da Innovación no HiperSectorTIC. Conta con máis de 12 anos de experiencia na área de innovación tecnolóxica, desenvolvendo a súa carreira profesional no sector tecnolóxico. Os últimos 6 anos traballou en INDRA, onde liderou proxectos de grande complexidade.

Salvador Maneu é Licenciado en Dereito pola Universidad Autónoma de Barcelona e Máster en Relacións Internacionais polo CIDOB-Universidad Autónoma de Barcelona. Desenvolveu a súa carreira profesional durante 16 anos no terceiro sector social, e en empresas de economía social.