Escola de Verán: «EVIA 2017 - Escuela de Verano en Inteligencia Artificial (IA)»

AEPIA (Asociación Española de Intelixencia Artificial) organiza en Santiago de Compostela a 3ª Escola de Verán EVIA co gallo de establecer un punto de encontro e adestramento para estudantes españois de Intelixencia Artificial IA. EVIA inclúe relatorios e laboratorios en áreas de IA que definen un bo marco para os estudantes predoutorais que desexen ampliar a súa formación en distintas áreas desta contorna científica. Tamén é un foro único para doutorandos de grupos de investigación de Intelixencia Artificial en España, que promove o desenvolvemento de relacións de cooperación científica desde o comezo das súas carreiras. Os asistentes a EVIA compartirán experiencias nun ambiente interdisciplinario, amigable e creativo para favorecer a comunicación, tanto entre eles mismos como cos profesores desta Summer School.

A matrícula do curso inclúe:

  • Aloxamento.

  • Pensión completa (non inclúe o almorzo).

  • Programa.

  • Pausas para o café.

  • Cea de gala.

    Data límite de inscrición: 1 de Xuño de 2017.

    Sede

    EVIA2017 terá lugar nas instalacións do CiTIUS e da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela. En concreto, as actividades conxuntas coa Summer School on Fuzzy Logic and Applications (catro das conferencias, pausas para o café, comidas e programa social) terán lugar no CiTIUS, e o resto de charlas e talleres na ETSE. O edificio da ETSE e o do CiTIUS están situados no Campus Vida da USC, a cinco minutos de distancia o un do outro.