«Inside the Lab» 1

Inside the lab é unha oportunidade para demostrar a nosa capacidade de transformar resultados científicos en tecnoloxías innovadoras. Será unha xornada de visualización de talento, de exploración de novos desafíos e de constatación de como a investigación que facemos se sitúa na vangarda tecnolóxica a nivel mundial. Sen complexos.

En Inside the lab os asistentes poderán coñecer as solucións tecnolóxicas que estamos desenvolvendo para afrontar os retos máis actuais. A xornada contará ademais coa presenza de dúas das Spin-offs do CiTIUS: Cilenis, especializada en tecnoloxías da linguaxe e Situm, que ten como núcleo de negocio as tecnoloxías de xeoposicionamento en interiores.

É necesario inscribirse antes do 2 de xullo.