Investidura Honoris Causa do profesor Enric Trillas na USC
Enric Trillas, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade Politécnica de Madrid, será investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) o próximo venres 17 de xuño, nun acto que terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a partir das 12:00.
A candidatura de Trillas, proposta polo Departamento de Electrónica e Computación (DEC), fundaméntase na súa «indubidable valía científica e docente e a súa constante dispoñibilidade a colaborar coa USC en todas cantas iniciativas se lle teñen proposto», como demostra a súa intensa relación académica e científica coa USC e, en particular, co CiTIUS.
O recoñecemento ao Profesor Trillas supón a concesión da máis importante honra académica a unha das figuras máis relevantes a nivel internacional no campo das Ciencias da Computación (máis concretamente, no ámbito da lóxica borrosa) e establece un nuevo fito neste ámbito, ao converterse no primeiro Doutor Honoris Causa que a Universidade de Santiago de Compostela concede nalgunha das disciplinas relacionadas coas Tecnoloxías da Información (TI).
On-site event
/events/investidura-honoris-causa-do-profesor-enric-trillas-na-usc
events_en