Round table: 'Everything you always wanted to know about postdoctoral grants and never dared to ask'
SORRY, THIS CONTENT IS NOT AVAILABLE IN YOUR LANGUAGE. YOU CAN O vindeiro venres 9 de abril, ás 10:00, o CiTIUS acollerá en formato virtual unha mesa redonda sobre as diferentes axudas posdoutorais públicas dispoñibles na actualidade. O acto contará coa presenza dun investigador (actual ou egresado) que teña sido beneficiario dalgunha das cinco modalidades de axudas posdoutorais, tanto en empresas coma en centros de investigación. A celebración desta mesa redonda ten como obxectivo afondar na súa experiencia para guiar aos seus colegas predoutorais á hora de solicitar estas axudas.
A mesa, moderada polo investigador vinculado ao CiTIUS Diego Cabello, porá especial énfase na participación do público, co propósito de aclarar todas as d úbidas que o persoal investigador predoutoral poida ter en relación ao seu futuro na investigación.
O encontro dará así lugar ao debullamento das seguintes convocatorias públicas:
- Ramón y Cajal
- Juan de la Cierva
- Torres Quevedo
- Axudas posdoutorais da Consellería de Educación
- Marie Sklodowska-Curie Actions (MSCA)
Virtual event
/events/mesa-redonda-todo-o-que-sempre-quixeches-saber-sobre-as-axudas-posdoutorais-e-nunca-te-atreviches-a-preguntar
events_en