Round table: 'Everything you always wanted to know about postdoctoral grants and never dared to ask'

SORRY, THIS CONTENT IS NOT AVAILABLE IN YOUR LANGUAGE. YOU CAN O vindeiro venres 9 de abril, ás 10:00, o CiTIUS acollerá en formato virtual unha mesa redonda sobre as diferentes axudas posdoutorais públicas dispoñibles na actualidade. O acto contará coa presenza dun investigador (actual ou egresado) que teña sido beneficiario dalgunha das cinco modalidades de axudas posdoutorais, tanto en empresas coma en centros de investigación. A celebración desta mesa redonda ten como obxectivo afondar na súa experiencia para guiar aos seus colegas predoutorais á hora de solicitar estas axudas.

 A mesa, moderada polo investigador vinculado ao CiTIUS Diego Cabello, porá especial énfase na participación do público, co propósito de aclarar todas as dúbidas que o persoal investigador predoutoral poida ter en relación ao seu futuro na investigación.

O encontro dará así lugar ao debullamento das seguintes convocatorias públicas:

  • Ramón y Cajal
  • Juan de la Cierva
  • Torres Quevedo
  • Axudas posdoutorais da Consellería de Educación
  • Marie Sklodowska-Curie Actions (MSCA)