Presentación: «Novas infraestruturas CESGA ao servizo da comunidade investigadora da USC»

As infraestruturas do CESGA e os seus servizos asociados, destinados á mellora da competitividade dos grupos de investigación en Galicia e do CSIC a través da súa explotación, son utilizadas anualmente por máis de 500 investigadores de múltiples áreas, como a Química, Física e Ciencias do Espazo, Biomedicina, Ciencia e Tecnoloxía de Materiais, Ciencias da Computación e Tecnoloxía Informática, Ciencias da Terra, Bioloxía Vexetal e Animal, Ecoloxía, Matemáticas, Gandería e Pesca, Tecnoloxía Electrónica e das Comunicacións, Tecnoloxía Química, Bioloxía Fundamental e de Sistemas, Economía, Enxeñaría Mecánica, Naval e Aeronáutica, Enxeñaría Eléctrica, Electrónica e Automática, Filoloxía e Filosofía.

Data e Inscrición   

25 de Abril ás 11:00 horas, no Salón de Actos do CiTIUS. Para participar nesta presentación, requírese inscrición previa.

Axenda

  • 11:00h. Apertura da Xornada (Representante Universidade)
  • 11:05h. Presentación de Servizos e Recursos CESGA para á comunidade universitaria (Representante Dirección CESGA)
  • 11:30h. Novas infraestruturas hardware de computación, big data, cloud e visualización científica (Persoal técnico sistemas CESGA)
  • 12:00h. Ferramentas software para desenvolvemento e explotación de aplicacións científicas (Persoal técnico aplicacións CESGA)
  • 12:30h. Recursos e-learning e ferramentas colaboración, Aula CESGA (Persoal técnico e-learning CESGA)
  • 12:40h. Plataforma de servidores cartográficos CESGA (Persoal técnico SIX CESGA)
  • 12:50h. Peche
  • 13:00h. Entrevistas un a un cos grupos interesados