Presentación: «Oficina de Software libre do CIXUG»
Presentación sobre a Oficina de Software Libre (OSL) do CIXUG (Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións de Xestión Universitaria a través de sinerxias entre as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo).
Programa
-
A OSL do CIXUG: que é e quen está detrás.
-
Plataforma de teleformación: cursos de balde, solicitudes para a subida de novos cursos creados por investigadores, e creación de novos materiais didácticos (encargos e contratacións).
-
Formación presencial: cursos,xornadas, seminarios e obradoiros.
Sobre o relator
Enrique Estévez Fernández, (máis coñecido no eido do Software Libre como 'Keko'), é enxeñeiro informático e ten un Máster de consultoría de Software Libre pola Universidade de Vigo.
Traballa como coordinador da Oficina de Software Libre do CIXUG e traballou como coordinador da OSL da USC.
É o coordinador da localización ao galego dos produtos de Mozilla e un dos mantedores da tradución ao galego da plataforma de teleformación Moodle.
On-site event
/events/presentacion-oficina-de-software-libre-do-cixug
events_en