Presentación - Oportunidades de financiamento do Programa Persoas do 7º Programa Marco (Accións Marie Curie)

O obxectivo desta xornada é indicar as oportunidades de financiamento do Programa Persoas do 7º Programa Marco (Accións Marie Curie). Na mesma, detallaranse as características e posibilidades de financiamento que ofrecen tanto as accións individuais coma as accións de creación de redes a nivel europeo para o financiamento de persoal investigador. Entre outras, Martín Cacheiro presentará os detalles  das convocatorias: Intra-European Fellowships for Career Development (IEF), International Incoming Fellowships (IIF), International Outgoing Fellowships for Career Development (IOF), Initial Training Networks (ITN), Industry-Academia Partnerships Pathways (IAPP), etc.