Programa de Formación: «Arquitectura de documentos. Curso de introducción a LaTeX»

Obxectivos do curso

O obxectivo principal deste curso introductorio é que o alumno coñeza a filosofía e os fundamentos lóxicos de LaTeX para poder traballar de xeito autónomo con este sistema de composición de textos. Así mesmo, este curso proporciona os coñecementos básicos para elaborar documentos de carácter científico, como artigos ou teses de doutoramento, ademais de contemplar o seu uso noutro tipo de formatos e elementos, como poden ser presentacións ou gráficos. Tamén se proporcionarán os recursos precisos para que o alumno poida profundizar en diferentes aspectos da linguaxe e se desenvolva de xeito autónomo.

Características

  • Duración: 8 horas (4 sesións de 2 horas)
  • Material profesor: proxector
  • Material alumnos: navegador web, conta de correo
  • Idioma: Castelán
  • Coñecementos previos: manexo básico dun sistema informático

Contidos

  1. "Os ladrillos" (2 horas)
  • Reglas básicas

  • Estrutura física e lóxica

  • Formato do texto

  • Elementos con formato

    1. "Facendo casas" (2 horas)
  • Elementos flotantes

  • Aspectos globais dun documento

  • Deseño da páxina

    1. "Construíndo edificios" (2 horas)
  • Automatizando tarefas

  • Xerando bibliografía

  • Matemáticas

    1. "Deseño de interiores" (2 horas)
  • Presentacións con Beamer

  • Código/Pseudocódigo

  • Gráficos con Tikz

  • Verbatim

Diego Rodríguez Martínez:

Son  licenciado en Física e doutor pola Universidade de Santiago de Compostela. A miña etapa como investigador e profesor na universidade enmárcase dentro da área de arquitectura de computadores, especialmente na análise do rendemento de aplicacións paralelas. Desde 2014 son investigador no Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial, dedicándome a desenvolver e programar diferentes algoritmos de simulación e programación matemática.

Case  de casualidade, tropecei con LaTeX a finais de 2002 e namoreime, xa desde o primeiro momento, desa peculiar forma de organizar, estruturar e presentar os contidos dun documento con tanta precisión. Por suposto, axudou a afianzar a miña afección por LaTeX o  feito de que, durante toda a miña traxectoria profesional, tiven a necesidade de crear unha morea de documentos científico-técnicos: artigos científicos, unha tese, documentación técnica, presentacións... e ás veces incluso gráficos! A día de hoxe, non teño ningunha dúbida de que LaTeX segue sendo a ferramenta máis axeitada para este tipo de tarefas.