Programa de formación: 'Contar una historia con datos: A arte da súa visualización en Flourish'

A procura dunha correcta visualización dos datos implica expresar as ideas con claridade, precisión e eficacia.

Neste taller exploraránse os cambios actuais no campo da visualización de datos, que están impulsados fundamentalmente por dúas forzas motrices: (i) a gran cantidade de datos que se xeneran en calquera disciplina; (ii) a dispoñibilidade de ferramentas que permiten a integración e visualización efectiva dos datos para lograr unha xestión eficaz dos mesmos.

Contidos

Sobre o ponente

Gumersindo Feijoo Costa naceu en Cambados (Pontevedra) en 1967. Licenciado en Química (na especialidade de Química Industrial) en 1990 pola Facultade de Química da USC. En 1994 obtivo o grao de Doutor pola USC na Área de Enxeñaría Química, data na que comezou a súa carreira académica, ocupando diferentes categorías docentes nos campus de Santiago e Lugo (axudante de Escola Universitaria, axudante de Universidade e profesor titular) para acceder, finalmente, ao Corpo de Catedráticos de Universidade no ano 2008.

Participou en 16 proxectos de investigación europeos, dúas accións integradas con Alemaña e Israel, 14 proxectos de I+D do MINECO, nove proxectos de I+D financiados pola Xunta de Galicia e 27 contratos de investigación con diversas empresas.

No campo da xestión foi secretario da Titulación Propia da USC en Enxeñaría Ambiental (2000-2005), coordinador do Máster Oficial en Enxeñaría Ambiental da USC (2005-2008), coordinador da Rede Temática Nacional de Análises de Ciclo de Vida (2002-2012), director do Departamento de Enxeñaría Química (2008-2017), coordinador do Grao en Enxeñaría Química (2014-2018) e presidente da Conferencia Española de Directores e Decanos de Enxeñaría Química dende 2017. Participou na Acreditación Internacional da titulación de Enxeñaría Química  (2010 e 2013) e do Grado e Máster en Enxeñaría Química (2018).