Programa de Formación: «Curso de métodos estatísticos dirixido ao estudo de tests paramétricos e non paramétricos»

O curso ten un enfoque práctico. A partir do primeiro capítulo de análise exploratoria de datos, utilizaranse os mesmos como motivadores para a introdución dos diversos contrastes e irase mostrando a implementación dos mesmos no computador coa axuda de R.

SOBRE A RELATORA

Beatriz Pateiro López é profesora contratada doutora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela (USC). No presente curso académico imparte materias do Grao en Matemáticas, Grao en Medicina, Máster en Técnicas Estatísticas e Máster Interuniversitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data. Pertence ao grupo de investigación ‘Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións’ da USC. É autora de varios artigos científicos en revistas de impacto e participa como investigadora en proxectos de investigación. Entre xaneiro de 2015 e xuño de 2017 foi vicedecana da Facultade de Matemáticas e desde xuño de 2017 ocupa o cargo de secretaria.