Programa de Formación: «Introdución á programación de GPUs empregando CUDA»

O obxectivo desta actividade formativa é aprender a programar algoritmos na tarxeta gráfica (GPU) empregando CUDA, unha plataforma de computación paralela que define a arquitectura unificada das tarxetas gráficas de NVIDIA e tamén a súa interface de programación.

Neste curso aprenderemos a programar de forma conxunta CPU / GPU para enviar datos á tarxeta gráfica e procesalos en paralelo con centos de fíos executando a mesma instrución de forma concorrente, seguindo un modelo de programación Single Program Multiple Data. Ademais, veremos detalles da arquitectura da GPU que son necesarios para sacar o máximo rendemento a este hardware.

REQUIRIMENTOS

Coñecementos deC/C++

Ordenador portátil con conexión á rede da USC.