Programa de Formación: «Licenzas de Software Libre»

O vindeiro 23 de febreiro impartirase no CiTIUS o obradoiro Licenzas de Software Libre, no que se ofrecerá unha visión introdutoria sobre o licenciamento de software e os principais eixos temáticos que o caracterizan: dereitos e obligacións, impacto e outros aspectos relacionados co seu uso, en particular coa súa distribución de forma binaria ou en formato de código fonte. No transcurso da sesión, de hora e media de duración, abordaranse tamén outros temas de interese como a compatibilidade de licencias ou os pasos a seguir para licenciar un software propio.

  • Propiedade Intelectual e Software: Breve introdución aos artigos da LPI (Lei de Propiedade Intelectual) que referencian ao Software.

  • Licenzas de Software (Fundamentos e Categorías): Qué é un contrato de licenza, qué se pode definir e qué partes son obrigatorias. Conceptos dos dereitos de propiedade intelectual e qué podemos atopar normalmente nas licenzas privativas ou libres. Uso, distribución e modificación.

  • Licenzas de Software Libre (Permisivas, CopyLeft): Revisar as licenzas máis populares, a clasificación entre permisivas (BSD, MIT, Apache) e as máis restritivas (licencias GPL).

  • Compatibilidade de Licenzas (Compatibilidade GPL): Comprender a complexidade no ámbito do software e cómo analizar a compatibilidade das licenzas, compatibilidade GPL, exemplos de calculadores de licenzas, dependencias estáticas e dinámicas, etc...

  • Como licenciar o meu Software: Pasos necesarios para licenciar un software, análise de dependencias, elección de licenza, incorporación de cabeceiras ou información de copyright, desde unha visión xeral ata resolver problemas concretos

    Sobre o poñente

    Chema Casanova, cunha dilatada experiencia no campo do software libre, é socio fundador de Igalia, consultora especializada en open source, consultor especializado en software libre e colaborador na Oficina de Coordinación de Software Libre de AMTEGA.  Ademais, exerce como docente na Facultade de Informática da Universidade da Coruña no ámbito das Metodoloxías de Desenvolvemento e é membro de GNOME Foundation e a asociación GPUL.

    Máis información sobre este evento no enderezo electrónico citius.idi@usc.es.