Programa de Formación: «Obradoiro de redacción de traballos en Ciencias da Computación»
OBXECTIVOS DO CURSO
É unha realidade que os alumnos, profesionais e investigadores das distintas disciplinas atopan certas dificultades para organizar e elaborar correctamente o seu traballo experimental científico.
O obxectivo deste obradoiro é dotar aos investigadores en Ciencias da Computación das habilidades metodolóxicas e os coñecementos necesarios para unha adecuada elaboración e difusión das súas contribucións ao resto da comunidade científica, sexa a través de traballos académicos como de informes de laboratorio, de investigación, papers ou otros.
ORGANIZACIÓN E METODOLOXÍA
Este módulo formativo será impartido en inglés e terá unha duración de 4 horas, divididas en dúas sesións teórico-prácticas de 2 horas cada unha. Ao longo do mesmo, trataránse os tipos de traballos científicos máis frecuentes dentro do ámbito das Ciencias da Computación, como o método IMRyD de organización de traballos e as ferramentas básicas para a redacción científica, así como un abundante número de exemplos prácticos que ilustrarán os contidos do curso.
CONTIDOS
-
Contidos xerais nun traballo científico das áreas de Ciencias e Enxeñería
-
Elementos distintivos da redacción científica en Ciencias da Computación.
-
Estilo na redacción científica en inglés.
-
Ferramentas básicas na redacción científica. Formatos. Táboas e gráficos. Bibliografía (Referencias) e Apéndices.
SOBRE A POÑENTE
Licenciada en Química (con especialidade en Química Industrial) en 1992 pola Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente Doutora en Ciencias Químicas en maio de 1997, é profesora Universitaria a tempo completo desde 1998 no área de Enxeñería Química e Catedrática de Universidade desde 2012.
Realizou estancias de investigación pre- e posdoutorales en Chile, EE.UU e Holanda. As súas liñas de investigación céntranse na Enxeñería Bioquímica (nanotecnoloxía, biocatálise enzimática, deseño de biorreactores para a eliminación de contaminantes) e a Análise de Ciclo de Vida (Ecodeseño, Ecoetiquetado, pegada ambiental e Ecoeficiencia) coa participación en 13 proxectos de investigación europeos (6 deles como IP), 2 accións integradas con Alemania e Israel, 11 proxectos de I+D do MEC (2 como IP) e 10 proxectos de I+D financiados pola Xunta de Galicia (uno como IP). Ademais, participou en 30 contratos de investigación con diversas empresas.
Toda esta actividade deu lugar á supervisión de 13 tese doutorales, edición de 2 libros e 20 capítulos de libros, publicación de catro patentes e unha marca rexistrada (en explotación) e 191 artículos en revistas indexadas en SCI “Scientific Citation Index”. Esta actividade está recoñecida con 3 sexenios, un índice H de 37 e un índice Research Gate de 42,85. A participación na Gestión Universitaria realizouse a través de diversas actividades: Secretaria do Dpto. de Enx.Ing. Química (2000-2004), Secretaría da Escola Técnica Superior en Enxeñería (2008-2012) e membro de diversas Comisións Académicas de Máster e Proxectos, ademais de ser membro de Comités de Avaliación de diferentes titulacións en Portugal e a Acreditación Internacional ICheME.
On-site event
/events/programa-de-formacion-obradoiro-de-redaccion-de-traballos-en-ciencias-da-computacion
events_en