Programa de Formación: «Protección de resultados de investigación e transferencia»

Un dos principais obxectivos da Universidade é potenciar o impacto social dos seus resultados de investigación. Para iso é convinte, en numerosas ocasións, protexer os resultados de cara a iniciar procesos de transferencia.

Ao longo desta presentación coñeceremos diferentes mecanismos que facilitan dita protección, centrándonos sobre todo nas patentes e os dereitos de autor.

Sobre o poñente

Doutor en física pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Fernando Pardo desenvolveu a súa carreira investigadora nas universidades de Santiago de Compostela e de Valladolid na área de procesado de imaxe e deseño de circuitos dixitais.

Desde o ano 2011 traballa no Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC como responsable de valorizar tecnoloxías na área TIC, física e enxeñería.