Programa de Formación: «Seminario: Aproximación a Open Access»

O obxectivo principal deste seminario é que o alumno se aproxime ao concepto de Open Access: qué é, oríxes e causas do seu desenvolvemento, beneficios do seu emprego, marco normativo (Lei da Ciencia) ou convocatorias públicas de investigación (H2020), entre outros aspectos. ​

Contidos

  1. Conceptos básicos
  • Qué é Open Access

  • Oríxes e causas do seu desenvolvemento

  • Beneficios da súa utilización

  • Marco normativo: Lei da Ciencia

  • Convocatorias públicas de investigación (H2020)

    1. Publicación en acceso aberto (Ruta dourada)
  • Revistas gratuitas e libres para lectores e autores

  • Pago por publicación

  • Modelos híbridos

  • Acceso gratuito

    1. Depósito en repositorios (Ruta verde)
  • Dereitos de autor, licencias CC, recomendacións sobre adendas

  • Políticas editoriais: versións do documento, embargos

  • Ferramentas de consulta: Sherpa Romeo e Dulcinea ​

    Sobre as poñentes

    As encargadas de conducir esta sesión informativa sobre as publicacións de acceso aberto desenvolven a súa labor profesional na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, onde Mª Isabel Casal Reyes exerce como Directora e Coordinadora da Liña estratéxica de REBIUN (sectorial da CRUE adicada as bibliotecas), centrada en dar soporte a docencia, aprendizaxe, investigación e xestión. Nesa liña unha das accións especificas céntrase no Acceso Aberto. Ademais, é membro do grupo de traballo FECYT/REBIUN sobre Políticas de Acceso Aberto. Pola súa banda, Cristal Martínez Pousa encárgase do proceso técnico dos fondos bibliográficos, así como do asesoramento a persoal docente e investigador en materia de acceso aberto e propiedade intelectual, ademais de 'Minerva', o repositorio institucional da USC.