Programa de Formación: «Seminario: Aproximación ao Open Access»

A Xornada terá unha duración de 1 h. Consistirá nunha exposición teórica sobre os conceptos básicos do acceso aberto e a presentación de Minerva.

SOBRE A RELATORA

Cristal Martínez Pousa, axudante da Biblioteca Universitaria da USC. Encargada da xestión de Minerva, Repositorio Institucional da Universidade de Santiago de Compostela  e do asesoramento a persoal docente e investigador en materia de acceso aberto e propiedade intelectual.