Programa de Formación: «Validación de Experimentos: a era post pᐸ0.05»
O pasado mes de marzo, a American Statistical Association fixo unha declaración sobre o mal uso do p-valor na validación experimental por parte da comunidade científica, desaconsellando o seu uso na maioría de casos.
Neste relatorio repasaremos a metodoloxía tradicional de validación experimental nas Ciencias da Computación remarcando as súas fortalezas e debilidades.
Asemade, introduciranse as alternativas ao p-valor que máis forza están a coller así como as ferramentas existentes que soportan o seu uso.
Mixed event
/events/programa-de-formacion-validacion-de-experimentos-a-era-post-ppa0-05
events_en