Programa de Formación: «Visibilidade da produción científica»
Este obradoiro ofrecerá aos asistentes ferramentas teóricas e prácticas que permitan coñecer, aplicar e valorar técnicas de avaliación da I+D+i. Ao longo das dúas sesións que conforman o curso, presentaranse as diferentes fontes de información de utilidade para recoller e analizar publicacións científicas do seu ámbito de interese, ademais de mostrar cómo construir e analizar críticamente indicadores bibliométricos e cienciométricos.
-
Bases de datos xeralistas e multidisciplinares (Web of Science e SCOPUS), cobertura, vantaxes e limitacións.
-
Bases de datos especializadas na área das Tecnoloxías da Información, vantaxes e limitacións.
-
Congresos / Ranking de congresos
-
¿Qué información ofrecen as diferentes fontes? (comparación e discusión)
-
Tipoloxías de publicación (vantaxes e limitacións)
-
Colaboración na área das Tecnoloxías da Información? (medianas de co-autoría, colaboración internacional, principais socios)
-
Creación de perfís
-
Sinaturas / Normalización institucional
-
Redes sociais de autores
-
Indicadores altimétricos
-
Estratexias para incrementar impacto (o número de citas/etc.)
O segundo bloque temático, desde unha perspectiva máis especializada, abordará os seguintes puntos:
-
Definir as TIN: Estratexias de busca
-
Fontes e metodoloxías máis usadas para a avaliación
-
Axentes produtores (autores, institucións e países)
-
Indicadores de impacto e visibilidade
-
Busca bibliográfica en diferentes bases de datos
-
Técnicas bibliométricas para a identificación de temáticas TIN
-
Descarga de publicacións pertinentes segundo as características de cada fonte
-
Construción de táboas coa información recuperada
-
Elaboración de indicadores
-
Interpretación de datos para a elaboración de informes
-
Visualización de información (ferramentas e programas)
Sobre o poñente
Andrés Pandiella é doutor polo Departamento de Psiquiatría da Universidade Autónoma de Madrid, no que desenvolveu actividades de docencia e investigación en historia e teoría da ciencia desde 2007 ata mediados de 2013. A partir deste ano, coa súa inclusión no Laboratorio de Estudios Métricos da Información, especializouse na bibliometría e a avaliación da actividade investigadora a través de diferentes actividades de investigación desenvolvidas na Universidade Carlos III de Madrid dentro da recén creada Unidade de Rankings e, posteriormente, dentro do Instituto para a Avaliación da Ciencia e a Universidade (INAECU). Entre elas, destacan os proxectos realizados para a creación dun servizo de apoio ás universidades públicas para a súa participación nos rankings internacionais así como a análise sobre o posicionamento das universidades españolas nos rankings internacionais.
Actualmente atópase vencellado a diferentes proxectos de investigación como o da realización do Mapa de Coñecemento da Universidade Española; ou os dous proxectos do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade: a) Novos horizontes en investigación e innovación para a sostibilidade enerxética e o transporte no medio ambiente urbano e b) Detección de novos frontes de investigación e innovación en eficiencia enerxética en España.
On-site event
/events/programa-de-formacion-visibilidade-da-producion-cientifica
events_en