Relatorio: «Aprendizaxe automática no deporte»
O significativo incremento na cantidade de datos xerados polos clubes deportivos ofrece numerosas oportunidades de aplicación para os algoritmos de aprendizaxe automático no ámbito do deporte profesional, un aumento que se corresponde principalmente con factores recentes como a aparición de tecnoloxías wearable ou a mellora nos sistemas de monitorización dos atletas.
Esta presentación discurrirá sobre as aplicacións da aprendizaxe automática en deportes de alto rendemento na actualidade e as súas perspectivas de cara a investigacións futuras. Entre outros aspectos incluiranse a toma de decisións durante a competición, a caracterización do movemento mediante o uso do acelerómetro ou a predición de lesións. Ademais, ao longo da conversa presentaranse tamén grandes oportunidades para a colaboración, así como os principais desafíos científicos de cara ao futuro.
Sobre o poñente
O Dr. Sam Robertson é un científico especializado na análise de problemas relacionados co rendemento no deporte. En particular, centra as súas investigacións no uso de Machine Learning para descubrir e explicar a non linealidade no comportamento experto atleta e o desarrollo.
Na actualidade, o Dr. Robertson é Xefe de Analytics para os Western Bulldogs Australian Rules Football Club (AFL), ademais de ser líder do grupo de investigación Analytics e Tecnoloxía no Institute of Sport, Exercise & Active Living (ISEAL) na Universidade de Victoria (Melbourne, Australia) e responsable de Investigación e Desarrollo para Golf Australia. Con anterioridade, traballou como científico do deporte en Inglaterra, e foi profesor de Biomecánica da Universidade de Deakin.
Mixed event
/events/relatorio-aprendizaxe-automatica-no-deporte
events_en