Relatorio: «As universidades públicas e a ciencia, a tecnoloxía e a innovación en Brasil: rol e desafíos»

As universidades públicas en Brasil achegan máis do 80% da produción científica e tecnolóxica do país. Despois dunha década de crecentes investimentos do Goberno, para o fomento de Bolsas de Posgrao e para o desenvolvemento de proxectos e de infraestrutura de investigación, as crises económicas e política vixentes desde o 2015 supoñen un escenario moi preocupante.

O ano 2016 foi o de menor orzamento do Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación en anos. Este feito e a recente aprobación da Emenda á Constitución que limita o gasto público por un período de 20 anos supoñen unha ameaza moi real ao desenvolvemento do sistema de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (CT&I) en Brasil. A comunidade científica e académica está mobilizada, pero a clase política e o Goberno non parecen comprender que ter un bo sistema de CT&I é indispensable para contar cunha economía moderna, sólida e sustentable.

Ex-reitor dunha das universidades máis importantes de Latinoamérica

Carlos Alexandre Netto, 57, é Médico pola Universidade Federal de Rio Grande do Sul (UFRGS), Brasil, doutor en Bioquímica e postdoc en Neurociencias pola Universidade de Londres. É Profesor do Departamento de Bioquímica da UFRGS, Investigador 1 A de o CNPq e membro da Academia Brasileira de Ciências. Foi Reitor da UFRGS nos períodos 2008-2012 e 2012-2016. Coordinou o Comité Académico do III Encontro Internacional de Reitores Universia (2014) e foi Presidente da Asociación de Universidades do Grupo Montevideo (AUGM).

Máis información