Relatorio: «Cabalo de Trivia-2: xogándolla a 6 millóns de incautos»
Hacking Android
Ó longo desta conferencia, Román e Miguel desarmarán a aplicación para smartphones «TriviaDos» (actualmente coñecida como «Atríviate») comprometendo o xogo limpo, o protocolo e finalmente o servidor. Como resultado desta operación desvelaranse unha serie de fallos de seguridade, como trampas para gañar sempre, ferramentas para descifrar comunicacións, e 6 millóns de contas de usuario comprometidas. Asemade, repasarán as técnicas e ferramentas empregadas en Enxeñaría Inversa para Android, e relatarán como se reportou a vulnerabilidade a través do GDT da Garda Civil.
Acceso á conferencia
A conferencia compelta está dispoñible no Canal CiTIUS.
On-site event
/events/relatorio-cabalo-de-trivia-2-xogandolla-a-6-millons-de-incautos
events_en