Relatorio: «Criptografía de chave pública en sistemas SIMD»
O incremento da potencia de cálculo que te ñen experimentado os sistemas de computación nas últimas décadas fixo necesario un aumento do tamaño das claves nos sistemas criptográficos. Isto ocasionou unha considerable evolución da complexidade computacional nestes sistemas, dos que dependen boa parte das comunicacións na actualidade.
Por outra parte, os sistemas embebidos ofrecen unha potencia computacional limitada, debido ás limitacións de área de circuíto e de consumo destes sistemas. Neste contexto, os sistemas SIMD (Simple-Instrución-Múltiple-Dato) ofrecen unha alternativa moi interesante para optimizar a eficiencia dos sistemas criptográficos.
Ao longo desta charla, Leonel Sousa explicará de que xeito se poden utilizar sistemas SIMD para optimizar a eficiencia dalgúns dos algoritmos de cifrado máis habituais, en concreto do algoritmo de cifrado de clave pública-privada RSA. De igual xeito, tamén se mostrará como outras estratexias de paralelización, como a SIMT (Simple-Instrución-Múltiple-Thread) ou a implementación en GPU (Graphics Processing Unit, ou tarxeta gráfica) permiten multiplicar o rendemento dos sistemas de cifrado.
On-site event
/events/relatorio-criptografia-de-chave-publica-en-sistemas-simd
events_en