Relatorio: «Estratexias para o procesamento de vídeo en GPUs»
Os últimos anos mostran unha tendencia imparable ao uso de aceleradores hardware, en concreto GPUs (Graphic Processing Units), para resolver problemas computacionais en calquera ámbito do coñecemento. A popularización no uso destas arquitecturas beneficiouse do uso de interfaces de programación en constante evolución que permiten sacar un maior partido aos recursos hardware dos dispositivos.
Aplicacións relacionadas co procesamento de imaxe e vídeo son, a priori, candidatas ideais para funcionar eficientemente neste tipo de arquitecturas, debido ao paralelismo masivo de datos e á localidade que estes presentan. Non obstante, en moitos casos, a implementación destas aplicacións presentan desafíos que deben ser resoltos, entre eles, o impacto da transferencia de datos a través do bus, o balanceo da carga e o uso masivo de operacións atómicas. Nesta presentación abordaranse os problemas mencionados, proporanse solucións, e cuantificarase a mellora que as devanditas solucións poden chegar a ter nas aplicacións.
On-site event
/events/relatorio-estratexias-para-o-procesamento-de-video-en-gpus
events_en