Relatorio: 'O protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC: diagnóstico e reflexións'
Atendendo á lexislación vixente encamiñada a erradicar o acoso nas institucións académicas, a Universidade de Santiago de Compostela aproba no ano 2016 o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero modificado posteriormente no 2017.
Ata o momento actual non se tiña realizado unha avaliación diagnóstica da situación do acoso na Universidade de Santiago de Compostela, nin do funcionamento e desenvolvemento do protocolo, por iso se planeou un estudo diagnóstico, o cal se enmarca na medida 8, do eixo 1, apartado 1.1., do Pacto de Estado para a prevención da violencia de xénero que propón a realización de estudos sobre o impacto do acoso, as agresións e os abusos sexuais no ámbito universitario e prevé a realización de accións de prevención no ámbito universitario.
O obxectivo da ponencia é ofrecer, ás persoas asistentes, información sobre a existencia do acoso na comunidade universitaria, así como pautas e exemplificacións que axuden a espertar conciencias sobre este fenómeno para previlo, detéctalo e actuar en consecuencia, de acordo co protocolo vixente.
On-site event
/events/relatorio-o-protocolo-de-acoso-sexual-e-acoso-por-razon-de-sexo-orientacion-sexual-e-identidade-de-xenero-na-usc-diagnostico-e-reflexions
events_en