Relatorio: «Os da Innovación»

As grandes empresas coñecen os desafíos deste mundo globalizado, e saben que estes desafíos non se enfrontan a soas. Tendo en consideración o contexto actual de globalización, ningunha compañía pode responder de maneira adecuada ás necesidades dos clientes e a sociedade se non pon en práctica modelos de colaboración interna e externa. Este é un dos principais motivos polos que as grandes compañías promoven e precisan emprendedores, startups e spin-off de universidades. A necesidade de seguir innovando e colaborando cos diferentes axentes do ecosistema leva ás grandes compañías a un modelo de innovación aberta e en rede.

Sobre o relator

Licenciado en Físicas pola Universidade de Oviedo e Máster de Xestión da Innovación no HiperSectorTIC por La Salle Internacional Graduate School, con formación directiva polo IE Business School e ESIC. David Pascual Portela desempeña a súa actividade como xerente de área de Desenvolvemento Institucional da Innovación na multinacional tecnolóxica Indra, coordinando as iniciativas de fomento do espírito emprendedor. Recentemente foi nomeado vicepresidente da área de actuación de Emprendemento da Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información, Telecomunicacións e Contidos Dixitais (AMETIC).