Relatorio: «Proxecto 'NIC Labs SmartCity' e detección de individuos influentes nas redes sociais»
Na primeira parte do relatorio amosaranse a grandes trazos os temas principais do NIC Research Labs, centro ó que actualmente pertence o investigador. En particular, comentaranse as liñas do proxecto de "Smart Cities" que está en proceso de desenvolvemento en conxunto co INRIA, en miras a unha posible colaboración.
A segunda parte discorrerá acerca do traballo de Reyes en detección de individuos influentes en redes sociais. As campañas de publicidade viral buscan atraer un pequeno número de individuos influentes para que logo estes sexan capaces de cubrir unha audiencia o máis grande posible. Moita da literatura neste tema asume que a rede social é coñecida, pero normalmente este non é o caso, dado que non se coñece toda a topoloxía da rede. Presentaranse, así, algúns modelos onde a rede é descoñecida ao principio, pero que gradualmente é descuberta a través da información local proporcionada polos propios membros recrutados. Finalmente, exporanse algúns resultados preliminares obtidos a través da análise de algoritmos baseada en diferentes niveis de información local (Investigación en conxunto con Alonso Silva, Alcatel-Lucent Bell Labs, France).
Patricio Reyes é investigador no NIC Research Labs, laboratorio conxunto entre o INRIA (instituto francés para a investigación en informática e automática) e o Departamento de Ciencias da Computación da Universidade de Chile. Desenvolveu a súa licenciatura en matemáticas (2000) e un Máster en Enxeñaría Matemática (2003) na Universidade de Chile. Obtivo o seu doutorado en informática (2009) no INRIA, Francia. Traballou como investigador asociado no CMM Chile, o Centro de Modelización Matemática (unidade CNRS, Francia) e no Laboratorio de Planificación Mineira na Universidade de Chile. Anteriormente, fixo unha estadía tamén como visitante postdoutoral no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade Carlos III de Madrid.
Os seus principais intereses son: análise de redes sociais, sistemas complexos, algoritmos de recompilación de datos en redes, enrutamiento e planificación en redes inarámicas de malla.
On-site event
/events/relatorio-proxecto-nic-labs-smartcity-e-deteccion-de-individuos-influentes-nas-redes-sociais
events_en