Relatorio sobre as novas tecnoloxías de procura e clasificación documental para o eido médico

No eido hospitalario xestiónase un gran volume de documentos, tanto en tareas de investigación como na práctica clínica diaria. Con todo, os profesionais da esfera da saúde non sempre contan con solucións efectivas e eficientes para o acceso á información médica. En moitos casos existen necesidades específicas de tratamento da información -por exemplo, procesar un texto médico para extraer conceptos e termos relevantes-, de recompilación de datos externos e de indexación centralizada de documentos que é preciso afrontar para creares servizos de procura e clasificación adaptados ás necesidades do doutor.

Este relatorio abordará, desde a perspectiva da Informática, as potencialidades da recuperación de información e a aprendizaxe automática para dar soporte a tarefas de xestión, procura e clasificación documental no ámbito médico. Multitude de técnicas de rastrexo e procesamento documental, extracción e representación de información, indexación, procura e  clasificación, poden ser adaptadas e personalizadas para crear software que lle axude ao médico a localizar e categorizar información valiosa para a súa actividade clínica.