'Research Insider': «Precisamos centos de clasificadores para resolver os problemas de clasificación do mundo real?
Se teño un conxunto de datos que quero clasificar usando técnicas de aprendizaxe automática (Machine Learning), ¿que clasificadores son máis atractivos? ¿Que clasificadores esperaría que funcionarán mellor?
Neste traballo comparamos unha chea de clasificadores pertencentes a familias moi diversas, algúns provintes do campo da Estatística, outros do Data Mining, técnicas de axuste, Intelixencia Artificial simbólica e conexionista, entre outros, nunha moi ampla variedade de problemas benchmark, para ver que pasa e contestar preguntas como:
- Que clasificadores hai dispoñíbeis?
- Hai clasificadores moito mellores que os demáis?
- Algún clasificador é o mellor sempre?
- Os que son bos, varían moito os seus resultados entre distintos problemas?
- Qué familia é mellor?
- Din a verdade os investigadores cando propoñen un clasificador?
- Para cada problema, cal é o mellor resultado?
On-site event
/events/research-insider-precisamos-centos-de-clasificadores-para-resolver-os-problemas-de-clasificacion-do-mundo-real
events_en