Seminario: «Cinco leccións de lóxica borrosa»

Enric Trillas, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, impartirá a vindeira semana no CiTIUS o seminario 'Cinco leccións de lóxica borrosa', no que presentará as súas principais aportacións ao campo da lóxica difusa, do cal foi pioneiro en España e un dos primeiros investigadores adicados a este ámbito da ciencia a escala europea.

Ao longo das cinco sesións nas que se desenvolverá o seminario, Trillas profundizará na relación entre a lóxica difusa e as ciencias da computación, así como na súa aplicación a temáticas como o razoamento, a linguaxe ou a aritmética, entre outras disciplinas.

PROGRAMA

  • Introdución: Só hai un tipo de conxuntos borrosos, pero varios tipos de funcións de pertenza.

  • Primeira Sesión (27 de marzo): Os conxuntos borrosos como entidades lingüísticas

    • O significado das palabras. Modificadores lingüísticos.
    • Os conxuntos borrosos e as súas funcións de pertenza.
    • Antónimos e negación; coherencia. Variables lingüísticas.
    • Conxunción e disxunción
  • Segunda Sesión (28 de marzo): A álxebra borrosa

    • Álxebra básica; propiedades.
    • Normas e co-normas (continuas). As álxebras estándar.
    • Leis e esquemas deductivos básicos: Ecuacións funcionais.
  • Terceira Sesión (29 de marzo): Medidas borrosas

    • Concepto xeral de medida. Medidas ‘lambda’.
    • Medidas de posibilidade e necesidade. Outra visión da función de pertenza.
    • Medidas de probabilidade; coherencia.
  • Cuarta Sesión (30 de marzo): Razoamento

    • Pensar e razoar. Esquema xeral de razoamento; tipos.
    • Analoxía e razoamento.
    • As regras composicionais de inferencia borrosa. ‘Métodos’ de Mamdani, Larsen e Takagi-Sugeno.
  • Quinta Sesión (31 de marzo): A aritmética fuzzy

    • Números borrosos.
    • Operacións: suma, resta, multiplicación e división.
  • Conclusións: Cara a computación con palabras.

    SOBRE O POÑENTE

    Enric Trillas, pioneiro en España na lóxica difusa ou borrosa ('fuzzy logic'), foi un dos primeiros investigadores adicados a este ámbito da ciencia no contexto europeo, que centra o seu campo de traballo en tentar conseguir que as máquinas poidan imitar as formas de razoamento humanas.

    Foi presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), director xeral e vicepresidente do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), secretario xeral do Plan Nacional de Investigación Científica e Tecnolóxica e secretario da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía e presidente da compañía Ingeniería y Servicios Aeroespaciales (INSA).

    Na súa traxectoria constan máis de 200 publicacións e artígos científico-técnicos, ademais de ser galardoado cos premios máis importantes que se conceden no ámbito da lóxica difusa. Obtivo diversas condecoracións entre as que destacan a Orde ao Mérito da República Italiana, categoría de Grande Uffiziale, a Gran Cruz do Mérito Aeronáutico e a Medalla Narcís Monturiol ao mérito científico e tecnolóxico.

    Desde 1990 é catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da Universidade Politécnica de Madrid, además de ser investido Doutor Honoris Causa polas Universidades de Santiago de Compostela e Navarra.