CiTIUS
Event
Date
  • May 13, 2022, from 10:00 to 11:30
Place
Salón de actos del CiTIUS - Microsoft Teams (Physical event)
Speaker/s
  • Conchi Méndez García (Biblioteca Universitaria da USC)
Language
Galician
Seminario de aproximación ao Open Access

Seminario de aproximación ao Open Access

Obxectivo

O obxectivo principal deste seminario é que o alumnado se aproxime ao concepto do Acceso Aberto: que é, cales son os seus beneficios e cales son as obrigas de acceso aberto de acordo ao marco normativo aplicable e os organismos de financiamento.

  • Proporcionar formación xeral sobre o acceso aberto.
  • Proporcionar información sobre as políticas e mandatos de acceso aberto dos organismos de financiamento de proxectos de investigación.
  • Proporcionar unha visión xeral sobre o funcionamento do repositorio MINERVA.

Contidos

  • Acceso aberto: conceptos básicos.
  • Publicación en acceso aberto (Ruta dourada).
  • Difusión en repositorios (Ruta verde).
  • Os Acordos Transformativos na USC. (Novo epígrafe)
  • Políticas e mandatos de acceso aberto dos organismos de financiamento.
  • Minerva, repositorio institucional da USC. Autoarquivo en Minerva.

Sobre a ponente

Conchi Méndez García é licenciada en Historia pola USC. Traballa como axudante da Biblioteca Universitaria da USC. Na actualidade encárgase da xestión de Minerva, o repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela, así como do asesoramento a persoal docente e investigador en materia de acceso aberto e propiedade intelectual.

Next Events
Event
November 28, 2022
Mixed event
Conferencia: 'Algunas cuestiones sobre el procesamiento de la narrativa financiera en español'
Event
November 29, 2022
Mixed event
Doctoral Meeting: 'A Multistage Retrieval System for Health-related Misinformation Detection'
Event
November 30, 2022
Mixed event
Doctoral Meeting: 'The Potential of Artificial Intelligence on Multi-Physical Systems Innovation Integrating Smart Materials'