Seminario: «Lóxica e linguaxes»
Cando George Boole engadiu o simbolismo das matemáticas, a lóxica comezou a separarse da linguaxe natural e o razoamento ordinario cara o das matemáticas e o razoamento deductivo. Sen embargo, e nos segundos, os significados resultan de específicas condicións 'sí e só sí' marcando unha grande diferencia co primeiro caso, onde só cabe describilos. Aí a semántica xoga nun campo distinto; uso, contexto e propósito fan que, na súa análise, non cumpra proceder ao igual que cando os tres colapsan nunha definición e os significados se pechan entre bordes ríxidos.
Logo de resaltar que hoxe e máis que lóxica, hai lóxicas, lembrar o qué se entendeu por lóxica entre o mundo grego clásico e o actual, entre Aristóteles e Alfred Tarski, así cómo a lóxica polivalente, Kurt Gödel, Alan M. Turing e John von Neumann, entre outros, poranse de manifesto as diferencias entre o analóxico e o dixital, entre a Cibernética e a Intelixencia Artificial, así como a relevancia que o seu chamado 'nudo gordiano' impón ao estudio da linguaxe natural, o razoamento ordinario ou de sentido común e, especialmente, do razoamento creativo. Despois de comenta-lo problema filosófico da verdade e distinguir entre o medible e o metafísico tentará, finalmente, amosar cara onde deberían de tender esos estudios para chegar á súa domesticación científica.
Sobre o poñente
Enric Trillas (Barcelona, 1940) foi pioneiro en España na lóxica difusa ou borrosa ('fuzzy logic') e un dos primeiros investigadores adicados a este ámbito da ciencia no contexto europeo, que centra o seu campo de traballo en tentar conseguir que as máquinas poidan imita-las formas de razoamiento humanas.
Foi presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), director xeral e vicepresidente do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), secretario xeral do Plan Nacional de Investigación Científica e Tecnolóxica e secretario da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía e presidente da compañía Ingeniería e Servicios Aeroespaciales (INSA).
Na súa traxectoria constan máis de 200 publicacións e artígos científico-técnicos, ademais de ser galardoado cos premios máis importantes que se conceden no ámbito da lóxica difusa. Obtivo diversas condecoracións entre as que destacan a Orde ao Mérito da República Italiana, categoría de Grande Uffiziale, a Gran Cruz do Mérito Aeronáutico e a Medalla Narcís Monturiol ao mérito científico e tecnolóxico.
Desde 1990 é catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da Universidade Politécnica de Madrid, así como investigador emérito do European Centre for Soft Computing de Mieres (Asturias) e Doutor Honoris Causa da Universidade Pública de Navarra.
Mixed event
/events/seminario-loxica-e-linguaxes
events_en