Workshop "Turismo e novas tecnoloxías"

O CiTIUS celebra un workshop sobre "Turismo e novas tecnoloxías" no que participarán preto dunha quincena de representantes da universidade e empresas relacionadas co sector turístico. O encontro proponse dous obxectivos fundamentais: presentar os proxectos de investigación que tanto as universidades galegas como as empresas tecnolóxicas están desenvolvendo neste ámbito e fomentar o establecemento de sinerxías e consorcios que recollan estes avances e os trasladen á sociedade. 

A xornada estrutúrase sobre dous eixos, compuestos por unha parte expositiva seguida dunha mesa redonda, que abordarán as novas aplicacións para o sector turístico e as iniciativas, retos e oportunidades deste sector no mercado global.